Encontro ecuménico pola paz

Na cidade de Lugo terá lugar un encontro ecuménico pola paz o 27 de marzo ás 17 h na Igrexa Boas Noticias de Lugo (R/ Emilia Pardo Bazán, 4, Lugo).

O mes pasado (12 de febreiro) na igrexa de Santa María da Régoa de Monforte de Lemos xa se celebrara un acto de oración pola unidade dos cristiáns organizado tamén pola Igrexa Ortodoxa, a Igrexa Católica e a Igrexa Evanxélica.

Lexión de María celebra o seu acto central do ano

O venres 25 de marzo ás 11:30 horas na Parroquia de Santiago A Nova ten lugar o acies da Lexión de María. Dada a importancia que ten para a Lexión a devoción de María, cada ano conságranse a ela os lexionarios, individual e colectivamente, nun acto Ilamado acies. Aprovéitase o acto do día 25 para celebrar os 100 anos da fundaclón.

PROGRAMA:

– Himno ao Espíritu Santo

– Santo rosario

– Allocutio: ACIES

– Consagración persoal

Catena legionis

– Consagración colectiva

– Santa Misa ás 12 h presidida polo Señor Bispo

– Oracións finais

– Himno: SALVE MADRE

24 horas para o Señor

Na noite do venres 25 de marzo e durante toda a xornada do sábado 26 de marzo, a Igrexa celebra “24 horas para o Señor” co lema: Nel, temos a reconciliación e o perdón (ref. Col 1: 13-14)

Na Catedral de Lugo, o Sr. Bispo Mons. Alfonso Carrasco presidirá o venres 25 de marzo ás 17 h unha celebración penitencial, uníndose todo o pobo de Deus presente na consagración de Rusia e Ucraína ao Inmaculado Corazón de María.

Falláronse os premios do XIII Concurso de Tarxetas de Nadal en La Voz de la Verdad

O mércores 23 de marzo, a partires das 19:00 horas en pequenos grupos farase entrega dos premios nun acto adiado pola pandemia.

Nesta convocatoria participaron un total de 23 colexios das provincias de Lugo, Pontevedra e A Coruña con alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria que achegaron 2286 tarxetas.

O xurado composto por Vanesa Ferreiro Blanco, Joaquín García-Gesto, Anxo Barreiro e Ana I. López Fandiño outorgou os seguintes premios:

Categoría Infantil

1º premio David Folgueira Cendán 4º Infantil Salesianos Lugo

2º Premio Kiara Veiga Carreira 4º Infantil CPI Castroverde

Categoria 1º Grupo de Primaria (1º-3º primaria)

1º Premio Bruno Balboa Diéguez 2º primaria CPR A Milagrosa

2º premio Arturo Sanjurjo Moure 3º de primaria Franciscanos

Categoría 2º Grupo de Primaria (4º-6º primaria)

1º Premio Pedro Pena Pazos 6º primaria Franciscanos

2º Premio Alejandra Cabado Álvez 6º primaria Franciscanos

Categoría ESO

1º Premio Lorena Alonso Campo 1º ESO IES de Meira

2º Premio Iago Fernández Sarceda 1º ESO Colexio Diocesano San Lourenzo

Premio Especial á Creatividade:

Liam José Sola García CPR Divina Pastora Salesianos 4º Infantil

Premio Especial do Xurado:

Galir Macía López Franciscanos 4º ESO

Testemuño do misioneiro segrar José Luis Pérez Mudarra

Desexo compartir esa gran experiencia de seguir o mandato de Xesús: “Vaian”. Desde hai varias semanas estou no municipio de Sacaba (Cochabamba, Bolivia) compartindo misión cos meus irmáns Misioneiros Segrares Vicencianos, enviado pola Delegación de Misións de Lugo, sementando o Evanxeo de Xesús a través do meu traballo na misión. Un chega a descubrir que non é tanto o que dá, senón moito o que recibe en experiencias, no contacto coa xente máis sinxela, que sempre ten un xesto de xenerosidade e cercanía, e comparten o que non teñen, ensinandome canto ben nos fai ver a pobreza de preto.

Desde o Centro de Atención á Muller (CAM) traballan un grupo de mulleres que sufriron e superaron feitos de violencia de xénero. Elas son as promotoras de dereitos humanos e o seu labor consiste en acompañar e asesorar a mulleres que padecen a violencia para que se alcance unha xustiza transparente baseada na reconstrución dos dereitos humanos e así vivir con dignidade. Coas instancias públicas ese traballo faise desde a experiencia do CAM, que consiste en entender a acción como resposta complementaria á falta de recursos públicos, ante a realidade da violencia que sofre a muller. Daí que unha prioridade do ser e facer do CAM é a coordinación e apoio ás instancias públicas, obrigadas por lei de dar resposta a esta realidade.

Sigo crendo e apostando por traballar nestes lugares lonxanos pero próximos, pola unión da comunidade na que me encontro. Hai máis alegría en dar que en recibir. Por ese motivo estendemos a man de Deus a través de tantos misioneiros que gozan do don do envío a lugares nos que a necesidade faise un permanente chamado aos bautizados e comprometidos co Reino de Deus.

A %d blogueros les gusta esto: