Congreso de Educadores Católicos sobre a Biblia na clase de Relixión

O sábado 7 de maio celebrouse o X Congreso de Educadores Católicos que tivo como tema A Biblia na clase de Relixión. Organizado pola Delegación para a Educación na Fe, contouse coa colaboración da editorial SM, a libraría La Voz de la Verdad e o Centro Público Integrado de Formación Profesional As Mercedes, que foi o lugar da cidade de Lugo onde se desenvolveu o Congreso.

O profesor de Bacharelato en Logroño e Asesor Pedagóxico de SM, Fernando Arriero Perantón, dirixiu as charlas-taller, que tiñan como obxectivo repasar a nova lei, a LOMLOE, como afecta á materia de Relixión, e poder programala ben sacando partido e aproveitando este cambio de lei. Para iso estiveron desenvolvéndose as 6 competencias específicas da materia de Relixión desde a óptica da Biblia, porque é o cimento onde se vai apoiar a materia pero sen perder de vista cara a onde se vai co resto das materias. Tamén se tivo en conta que na materia de Relixión trátase de formar mozos a nivel integral, tendo moi presentes os dereitos do neno. Viuse o que pode achegar de xeito específico o profesorado de Relixión e o que xunto coas outras materias poida contribuírse ao ben dos mozos.

O relator Fernando Arriero reflexionou conxuntamente cos asistentes ao Congreso e saíron co ánimo non tanto de queixarse dunha lei que xa vén dada senón aproveitar ese cambio tomando os puntos positivos para o que queren todos os educadores: que o alumnado contribúa a un mundo mellor, ademais de mellorar persoalmente.

A parte final do Congreso adicouse a mostrar dúas realidades educativas da Diocese de Lugo: Colexio da Milagrosa, Colexio Diocesano San Lorenzo.

Asemblea sinodal diocesana

O sábado 7 de maio, ás 11 h no salón de actos do Seminario, preséntase o resume dos traballos que reflexionaron e realizaron os distintos grupos nas diversas zonas pastorais da Diocese sobre a consulta sinodal.

Haberá sete testemuños directos de persoas de distintas zonas pastorais sobre a experiencia vivida no proceso da sinodalidade.

Ás 12:15 h saída para a Catedral

Ás 12:45 h celebración solemne da Santa Misa presidida polo Sr. Bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco

X Congreso de Educadores Católicos

O sábado 7 de maio celébrase o X Congreso de Educadores Católicos que terá como tema A Biblia na clase de Relixión. Será no Centro Público Integrado de Formación Profesional As Mercedes. Organiza a Delegación para a Educación na Fe, en colaboración coa editorial SM, a libraría La Voz de la Verdad e o CIFP As Mercedes. O horario é o seguinte:

9:30 Relatorio. A Sagrada Escritura. Entramado dunha nova clase de Relixión en saída por D. Fernando Arriero Perantón, profesor de Bacharelato en Logroño e Asesor Pedagóxico de SM

12:00 Relatorio. LOMLOE. Biblia e clase de Relixión por D. Fernado Arriero Perantón

16:00 Relatorio. Unha ERE con corazón bíblico por D. Fernando Arriero Perantón

17:15 Relatorio. Saber máis para servir mellor. 122 anos do Colexio da Milagrosa por Sor Pilar Val Castro, Directora do Colexio da Milagrosa

18:15 Relatorio. Modelo pedagóxico do Colexio Diocesano San Lorenzo por D. David Varela, Director do Colexio Diocesano San Lorenzo

19:15 Avaliación por parte dos asistentes e clausura a cargo de Mons. Alfonso Carrasco Rouco, Bispo de Lugo e Presidente da Comisión Episcopal para a Educación e a Cultura

Procesos de matrícula no Colexio Diocesano San Lorenzo

Durante este mes de maio permanece aberto o prazo de matrícula no Colexio Diocesano San Lorenzo para o curso 2022 – 2023 na seguinte oferta educativa:

1.º ESO – 4.ºESO

1.º Bacharelato:

-Humanidades e ciencias sociais

-Ciencias e tecnoloxía

-Xeral

2.º Bacharelato:

-Humanidades

-Ciencias sociais

-Ciencias

Empréganse metodoloxías innovadoras de ensino aprendizaxe:

Aprendizaxe por proxectos, aprendizaxe cooperativa, aprendizaxe baseada no pensamento, personalización da aprendizaxe e intelixencias múltiples.

Por outra parte, é posible facer a prematrícula para Formación Profesional:

Ciclos medios: emerxencias sanitarias e guía do medio natural e tempo de lecer

Ciclos superiores: hixiene bucodental e acondicionamento físico

Máis información nos correos:

  ciclos_deportivos@colegiodiocesanosanlorenzo.org

 ciclos_sociosanitarios@colegiodiocesanosanlorenzo.org

Suspendidas a asemblea e a peregrinación que a Hospitalidade de Lourdes organiza anualmente

A Hospitalidade Diocesana da Nosa Señora de Lourdes de Lugo, informa a todos os seus socios e colaboradores que, debido á actual realidade sanitaria, na reunión celebrada días atrás da Xunta Directiva e os delegados de zona, presidida polo Vicario Xeral da Diocese Mario Vázquez Carballo, decidiuse por unanimidade suspender a asemblea anual ordinaria que tiña previsto celebrarse o vindeiro venres día 6 de maio e a peregrinación deste ano 2022 ao santuario francés de Lourdes.

A %d blogueros les gusta esto: