Xornada de portas abertas do Colexio Diocesano San Lorenzo

O 20 de maio ás 17:00 o Colexio Diocesano San Lorenzo dá a coñecer os Ciclos formativos de Formación Profesional que imparte:

🔹Grao Medio Emerxencias sanitarias

🔹Grao Medio Guía do medio natural e tempo de lecer

🔹Grao Superior Hixiene bucodental

🔹Grao Superior Acondicionamento físico

Máis información na web: https://colegiodiocesanosanlorenzo.org/

Asembleas da Adoración Nocturna Feminina

O domingo 15 de maio celebrou a Asemblea Diocesana a Adoración Nocturna Feminina. Na nosa diocese conta con nove quendas na Sección de Lugo e unha Sección en Lalín. Neste acto impúxoselles o distintivo de adoradoras a seis novos membros. Analizouse a situación actual da Asociación e deuse conta dos acordos da Asemblea Nacional celebrada en Burgos a finais do mes pasado.

Á Asemblea Nacional asistiu por parte lucense a presidenta diocesana María José Felpeto e o consiliario diocesano Carlos Gonzalo Fraga. Nesta Asemblea Nacional elixiuse a unha nova presidenta na persoa de Araceli Prades, da diocese de Segorbe-Castelló, que releva a Susana Fernández, da diocese de Oviedo, que levaba vinte anos no cargo.

Testemuños na asemblea da fase diocesana do Sínodo 2021-23 (e V)

María (Lugo – San Antonio):

Como moza, creo que na Igrexa non se está valorando a mocidade. No traballo sinodal saíu esta preocupación pero non damos espazos nos que os mozos poidamos estar a gusto. Se realmente nos preocupan, melloremos este xeito de aproximarnos á mocidade, porque por ela mesma non se achegará.

Como muller, reivindicando o meu papel, recoñecendo en primeiro lugar o labor de tantas mulleres que camiñaron e loitaron para que todas poidan colaborar e eu poida estar aquí falando agora e sendo escoitada. Nas achegas ao Sínodo viuse que queda moito por facer no ámbito da igualdade real. Espérase contribuír algo nese aspecto e ver froitos deste camiño que estamos iniciando e que hai moitas gañas de facelo.

Como cristiá, intentando ser luz e sal no mundo. Que todo o que vivo, creo, sexa testemuño vivo, tanto as miñas palabras como as miñas accións. Vivir con conciencia social que me leve a encarnar a mensaxe do Evanxeo”.

A Cruz de Lampedusa, en Lugo

A Cruz de Lampedusa, bendicida en 2014 polo Papa Francisco, chega a Lugo, e a celebración de acollida será ás 7 da tarde do venres 13 na parroquia San Francisco Xavier.

Durante a vindeira semana distintas institucións e movementos diocesanos dirixirán momentos de oración ante a cruz: Grupos de Oración e Amizade (sábado 14 de maio), Grupo San Froilán (15 de maio), Conferencia de Relixiosos e Delegación de Misións (luns 16), Delegación de Catequese (martes 17), Delegación de Mocidade, Irmandade Obreira de Acción Católica (mércores 18), Seminario Redemptoris Mater e Equipos de Nosa Señora (xoves19 ), Adoración Nocturna (venres 20).

A cruz, realizada cos restos de barcos ocupados por inmigrantes, percorre as dioceses do mundo para concienciar á poboación sobre o drama da inmigración.

A Cruz, duns sesenta quilos de peso e case tres metros de altura, é obra do carpinteiro Francesco Tucci, quen quixo lembrar o drama e homenaxear ás 366 persoas falecidas ao naufragar o seu barco fronte á illa de Lampedusa no ano 2013. Un feito que causou gran conmoción na sociedade italiana, decretando un día de loito nacional. Ao longo destes anos, a Cruz de Lampedusa percorreu máis de 2.400 lugares de culto de Europa e do mundo, entre igrexas e santuarios.

[Catequese]  [Horarios]

Testemuños na asemblea da fase diocesana do Sínodo 2021-23 (IV)

Sandra (Monforte):

O que máis valoro deste Sínodo é a oportunidade que nos deu o Papa Francisco para poder expresar as dificultades polas que pasan as parroquias. A nosa non é excepción e hai pouco compromiso dos laicos. Non creo que sexa falta de crenzas, senón que nos ven como algo alonxado da súa vida cotiá, porque a realidade social da Igrexa non a identifican co que é a súa propia realidade. O que máis me gustou do grupo xuvenil no que participei foi que tamén era orante: houbo exposición do Santísimo, rezabamos o rosario. Cando acabe o Sínodo esperamos unha continuidade: unímonos xente que non estaba confirmada e xente que si o estaba; sería bo que se mantivese o grupo e fose testemuño para os que veñen detrás.

A %d blogueros les gusta esto: