Preparativos do novo curso nos colexios diocesanos

Esta semana profesorado dos Colexios Diocesanos A Milagrosa e San Lorenzo compartiron unha formación sobre a identidade católica dos centros, algo no que vai afondarse durante todo o curso. Nun primeiro momento correspondeulle intervir ao Reitor-Director titular do Colexio San Lorenzo, David Varela. As cousas que son importantes para a vida, tamén o son para a fe, e viceversa.

Iníciase o curso académico 2022-23 co desexo de ser luz uns para os outros e que a experiencia de cada día no Colexio Diocesano San Lorenzo sexa unha luminosa compañía para crecer e vivir. Iníciase o curso conscientes de que todos son chamados a ser luz aquí e agora. Con traballo, con protagonismo.

Desde o 1 de setembro a titularidade que tiña a congregación das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl sobre o Colexio da Milagrosa pasa á Diocese de Lugo. O centro mantén a directiva e o que si estrea é o logotipo.

Algunhas celebracións marianas

Chantada S. Pedro de Líncora Virxe da Saúde

6 de setembro: Misas pola mañá a cada hora desde as 9 h. A última (13h) será Misa Solemne. Pola tarde, ás 18 h. O día 7 Misa ás 13h.

O Faro

7 de setembro: a subida

Misa en Requeixo ás 9 h e no Faro ás 12 h

8 de setembro. O Faro

Misa cada hora de 8 h a 13 h, esta última solemne. Pola tarde ás 17 e ás 18h

9 de setembro: a baixada

Misa no Faro ás 17h; en Requeixo ás 19:30h

Quiroga: Nosa Señora dos Remedios. Parroquia de Santa María da Ermida

7 de setembro: 9:30h Misa e novena; 19:30h procesión, Misa e novena.

Día 8: misas ás 9:30h, 11h, 12h. Ás 13h procesión e a continuación Misa

Día 9: misas ás 9:30h, ás 11h. Ás 13h procesión e Misa

Sober. Virxe dos Remedios. Santuario da Virxe de Cadeiras, parroquia de San Vicente de Pinol

Día 7: subida de la Virxe ao santuario de Cadeiras.

Día 8, misas rezadas a partir das 11.00 h. Ás 13.30 h Misa solemne.

Día 9, misas rezadas a partir das 11.00 h. Ás 13.30 h Misa solemne

Antas de Ulla. Virxe dos Remedios

Días 8 e 9: Misa solemne ás 13h e procesión

Sarria. Alto de Cesar, parroquia de San Salvador de Cesar. Remedios

Días 8 de setembro, (día grande e festa local en Sarria) e 9: misas oficiadas polos padres mercedarios.

O Cebreiro. Santa María a Real. Misa maior os días 8 e 9.

A Fonsagrada: Misa solemne ás 12 h o día 8 na igrexa de Santa María.

Lalín. Nosa Señora das Dores Montouto, Santa Baia de Losón, : 

10 de setembro: procesión dos fachos ás 20:30 h, Santa Misa Solemne

11 de setembro: misas desde as 9 h. Misa Solemne ás 13:15h

Lalín Nosa Señora do Montserrat. Parroquia de Donramiro

Día 11: Subida da imaxe a Montserrat ás 12.30 horas e Misa Solemne ás 13.00 h.

Día 13: Novena e Misa ás 20.45 e baixada da imaxe á igrexa parroquial.

Taboada. Virxe dos Remedios en Deilás, na parroquia de San Pedro de Bembibre.

11 de setembro: Misa ás 11:00h e Misa Solemne ás 13:30h.

Lalín.

75 anos do monumento ao Padre Feijoo en Samos

Preparativos para instalar o monumento. Imaxe do arquivo do Mosteiro de Samos

Frei Benito Jerónimo Feijoo e Montenegro foi un dos moradores ilustres do mosteiro benedictino de Samos, onde realizou o noviciado de 1676 a 1678. Feijoo expresaría en varios dos seus escritos o seu amor por Samos. E aquí quixeron corresponderlle cun recoñecemento que comezou a xestarse en 1935, sendo abade Mauro Gómez Pereira, que pensou nun monumento e promoveu unha subscrición popular. Para levar a cabo esta homenaxe foi nomeado un comité «pro-monumento», e entre os seus membros estaban Ramón Otero Pedrayo, Xosé Filgueira Valverde. Tras o parón causado pola Guerra Civil, renováronse as accións do comité.

A obra foi tallada por Francisco Asorey, e o proxecto converteuse en realidade o 24 de agosto 1947, coa inauguración da estatua.

En Samos organizáronse grandes festexos populares, e no mosteiro celebrouse unha misa pontifical, presidida polo bispo de Lugo, Rafael Balanzá, con sermón laudatorio do prelado mindoniense Fernando Quiroga Palacios. A continuación o mesmo bispo diocesano procedeu á bendición do monumento, ante o cal o abade de Samos pronunciou un discurso ao que contestou o ministro de Industria, Juan Antonio Suances.

Horta e xardín, do claustro nos plantíos

de legumes, de hortensias e de rosas,

os Padres Reverendos – falas suaves,

ademáns repousados e tranquilos

e pasadas leviáns e silenciosas-

pasean de vagar, lentos e graves,

en conversas unxidas de dozura,

de casos de moral e teoloxía,

dun erro sustantivo na lectura

dun antigo diploma,

das misións nunha terra en lonxanía

e os decretos da Orden e de Roma,

mentres no pedestal, inmóbil, erguido,

sorrí bondadoso e escoita compracido

o noso Padre Feixoo, o Mestre aceso

pola verdade, alleo ao prexuízo,

que aquí xogou novicio

e vestiu a cogulla de profeso;

o gran galego de visión certeira

e pluma sabia, crítica e recoita,

que aquí atopou repouso na canseira

do longo enseño e da esforzada loita.

O evocador xardín do claustro antigo

ten o dulzor do encontro cun amigo

dos breves anos da sinxela infancia.

RAMÓN CABANILLAS ENRÍQUEZ. “Samos”

A Cruz de Lampedusa deixa Monforte e estará no Corpiño

Dous inmigrantes ante a Cruz de Lampedusa, en Monforte

A Cruz de Lampedusa deixa a parroquia monfortina de Santa María da Regoa, onde chegara o 5 de agosto e permaneceu aí durante o novenario na honra a Nosa Señora de Montserrat. A partir do 20 de agosto estará varias semanas no santuario do Corpiño.

A Cruz de Lampedusa, realizada cos restos de barcos ocupados por inmigrantes, percorre as dioceses do mundo para concienciar á poboación sobre o drama da inmigración.

O amor permítenos mirar e ver cos ollos de Deus, coa súa mesma mirada, e formular os nosos xuízos con xustiza e misericordia, para actuar á maneira de Deus, que coida de todos os seus fillos por amor.

Vivir o amor concreto desde a Cruz de Lampedusa: Construír o futuro cos migrantes e os refuxiados. A presenza dos migrantes e os refuxiados representa un enorme reto, pero tamén unha oportunidade de crecemento cultural e espiritual para todos. Grazas a eles temos a oportunidade de coñecer mellor o mundo e a beleza da súa diversidade. Podemos madurar en humanidade e construír xuntos un “nós” máis grande. Na dispoñibilidade recíproca xéranse espazos de confrontación fecunda entre visións e tradicións diferentes, que abren a mente a perspectivas novas. Descubrimos tamén a riqueza que encerran relixións e espiritualidades descoñecidas para nós, e isto estimúlanos a profundar as nosas propias conviccións.

Construamos o futuro, fagámolo xunto cos nosos irmáns e irmás migrantes e refuxiados. Construámolo hoxe!

Da Folla Parroquial de San Francisco Xavier

Concerto na Catedral do organista Roman Perucki e Concentus Lucensis

O mércores 10 de agosto ás 21 h na Catedral de Santa María conclúe o ciclo de concertos “Música no Camiño Primitivo”. Actuarán o coro Concentus Lucensis e o organista Roman Perucki. Esta iniciativa está organizada pola Diocese / Centro Eucarístico Lucense e a Alcaldía de Lugo, coa colaboración da Xunta de Galicia.

Programa

Olivaer Tabulatur (ca 1619) Anonim Chorea   Para órgano

Francisco Guerrero (1528-1599) Ave, virgo sanctissima   Para coro a capela

Daniel Magnus Gronau (1685-1747) Partita «In dich habe ich gehoffet»   Para órgano

Tomas Luis de Victoria (1548-1611) Taedet animam meam   Para coro a capela

Johann Sebastian Bach (1685-1750) Fantasía en la menor, BWV 561   Para órgano

Francisco Guerrero (1528-1599) Virgen santa   Para coro a capela

Alexandre Guilmant (1837-1911) Marcha sobre un tema de Haendel  Para órgano

Anónimo (século XV) There is no rose   Para coro a capela

Marco Enrico Bossi (1861-1925) Interludio lírico   Para órgano

Francisco Guerrero (1528-1599) Niño Dios, d’amor herido   Para coro a capela

Tomas Luis de Victoria (1548-1611) Sancta Maria succurre miseris   Para coro a capela

Zbigniew Kruczek (*1952) Preludio e Fuga «March»  Para órgano

Roman Perucki é organista principal da Catedral de Gdańsk Oliwa, director xeral da Orquestra Filharmónica do Báltico, presidente da Sociedade Música Sacra e da Sociedade de Amigos da Catedral de Gdańsk Oliwa. Colaborou na construción de novos instrumentos en Gdańsk e arredores. O mestre Roman Perucki é o director do Festival Internacional de Órgano da Catedral de Oliwa, o máis antigo de Polonia, e da Competición Internacional J.P. Sweelinck, así como doutros ciclos internacionais de órgano (en Gdańsk, Frombork, Jastarnia, Stegna, Rumia, Jastrzębia Góra e Żarnowiec). Imparte clases maxistrais en Polonia, Portugal, México, Croacia, Rusia e Francia. Na actualidade leva realizados máis de 2.500 concertos de órgano: recitais como solista, acompañado por orquestras de cámara e sinfónicas, concertos para solista e dobres concertos. Actuou por toda Europa, Rusia, Xapón, China, México, EUA e Australia. Ten publicados numerosos CD. Gravou para a radio e televisión nacional polaca e, así mesmo, para produtores de fonogramas e medios de comunicación estranxeiros. Recibiu a máis alta distinción do Vaticano Pro Ecclesiae et Pontifice e a Orde de San Silvestre.

Concentus Lucensisé un grupo vocal nado dos fecundos encontros artísticos que teñen lugar durante as edicións do Festival Internacional de Órgano e do Curso de Música Litúrxica do Corpus Christi de Lugo. Os seus compoñentes son os mestres e solistas principais do coro lucense Solo Voces, do Orfeón Lucense e do Gruppo Vocale S. Bernardo, agrupación que desenvolve a súa actividade principal entre Saronno (Italia) e Lugano (Suíza). O Concentus Lucensis canta principalmente a partes reais, é dicir, cunha soa persoa para cada parte vocal, abordando un extenso repertorio, cunha predilección particular pola polifonía renacentista.

A %d blogueros les gusta esto: