Curso bíblico 2024-25

A partir do 30 de outubro o Movemento Bíblico de Lugo ofrece un novo curso dirixido a axentes pastorais, catequistas, movementos laicos e a todos aqueles interesados en achegarse á Biblia. de.  Tras a experiencia do último curso sobre “As grandes experiencias relixiosas do antigo Israel” agora trátase sobre “San Paulo e as primeiras comunidades cristiás”

Asístese ao nacemento da Igrexa, como medra e se desenvolve a comunidade cristiá; como se entende a si mesma e en que bases se fundamenta; como vive, que predica, como celebra… E tamén que problemas ten, como os resolve e como garda a memoria do Xesús histórico.

Axudará a clarificar e sedimentar a propia experiencia dos crentes cristiáns de hoxe.

Estúdans as Comunidades Cristiás dos anos 30-70: a súa situación xeográfica e cultural, os seus modos de vida, a súa actividade evanxelizadora, os seus anuncios de fe, o novo espírito xurdido da Resurrección do Señor Xesús e expresado nas Benaventuranzas. os seus problemas e dificultades, as súas celebracións comunitarias, especialmente a Eucaristía.

Os que se inscriban no curso acompañare a Paulo de TARSO nas súas viaxes… unha figura apaixonante.

Actos na semana do Domund

O luns 14 de outubro na parroquia Santiago A Nova de Lugo tivo lugar o pregón do Domund a cargo de Olga Louzao. Previamente actuou o coro da parroquia San Francisco Javier. Este acto estivo presidido por Mons. Alfonso Carrasco. Ler o pregón e ver imaxes.

 

Vixilias de Oración do Domund

18 de outubro ás 20:00 h. na Parroquia San Pedro de Lugo.

19 de outubro ás 20:00 h. na Parroquia Nosa Señora das Dores de Lalín.

 

Encontro con misioneiros

20 de outubro, día do Domund, a Delegación Diocesana de Misións de Lugo organiza un encontro con misioneiros e misioneiras da Diocese e os seus familiares. Terá lugar na parroquia San Francisco Xavier de Lugo, comezando cunha Eucaristía ás 12:30 h. e seguidamente unha comida no salón parroquial.

Asistentes ao pregón do Domund

Olga Louzao, pregoeira do DOMUND 2024

Cando a Delegación de Misións lle propuxo a Olga Louzao que fose a pregoeira do DOMUND, viñéronlle á mente lembranzas da infancia:

“No colexio, desde quinto ata oitavo, dábannos as huchas o sábado, tiñámolas na casa e o domingo saíamos con elas. E despois, cando estabamos no instituto, durante 2 anos fun catequista e no mes de outubro explicaba en que consistía o DOMUND”.

Sobre o contido do pregón, Olga Louzao seguramente se referirá á sociedade na que estamos, e por suposto ao labor dos misioneiros:

“A nosa sociedade, moi rápida, consumista, individualista, necesita escoitar testemuños de quen pon a súa vida completamente a disposición dos demais. Iso convida a reflexionar. Creo que se descoñece o labor dos misioneiros, que por fe deixan a súa vida normal para ir a lugares ás veces con idioma distinto, con recursos mínimos. Ademais do labor relixioso axudan a mellorar as condicións de vida dos nativos. É unha forma de contribuir a que esas sociedades poidan avanzar”.

E sobre o enfoque que lle vai dar ao pregón, Olga Louzao considera o seguinte:

“Hai que poñer sentimento, ademais de coñecemento, porque ao final un pregón é un acto de celebración, de valorar positivamente o bonito traballo que fan os misioneiros, en contraposición ao mundo no que estamos habituados a vivir. E se eu podo axudar a que iso chegue a máis xente, que poida coñecerse máis, sería unha boa achega”.

Robertus Kardi falou en Lugo da transmisión da fe e da situación relixiosa en Indonesia

Como pórtico da celebración do DOMUND, a Delegación de Misións conta, na segunda semana de outubro, co misioneiro xaveriano Robertus Kardi, que dirixe retiros a sacerdotes e o día 9 deu unha charla no Seminario. Parte da súa intervención adicouna ao seu país natal: Indonesia.

“Bhinneka Tunggal Ika” é o lema nacional oficial de Indonesia, frase que en idioma xavanés antigo significa “Unidade na Diversidade”. Xunto con outros irmáns, Robertus organizou no seu país encontros de diálogo interrelixioso: “Compartimos a riqueza da nosa fe con musulmáns, hinduistas, budistas, e camiñamos xuntos sendo diferentes. Esta é a lóxica do amor de Xesucristo, non encerrarse nun mesmo, senón construír pontes de amor, de fraternidade, de solidariedade, de perdón. Vivindo este diálogo, pois alí realizamos que significa o amor. Amar aos que teñen outras crenzas. Ser amigo e irmán de todos”.

Robertus Kardi recoñeceu que non todo o mundo acolle aos que son diferentes: “pode facer estas cousas a xente que ten a Deus no seu corazón, só a xente que sabe escoitar, recoñecer, respectar, apreciar os demais. Queremos transmitir estes valores co noso traballo, o diálogo, axudar aos pobres. Experiencias moi bonitas, que noutras partes do mundo non é común velas”.

Sobre os froitos do diálogo interrelixioso, sinalou Robertus Kardi que “os primeiros froitos son para os propios católicos. Para poder dialogar cos demais temos que coñecer a Xesús, telo na nosa vida, no noso corazón, escoitalo, estar con El, axudar aos cristiáns a rezar”.

Un dos labores de Robertus en Indonesia foi acompañar a 25 adolescentes, catecúmenos, que se converteron ao catolicismo: “A maioría viñan do hinduismo, budismo, algúns musulmáns, algúns confucionistas. En Indonesia non está prohibida a conversión relixiosa. Eu vin directamente o camiño espiritual da súa vida. E para min foi unha experiencia moi bonita que me axudou moitísimo a entender que significa atopar en Xesucristo o camiño dunha persoa. Estaban moi contentos porque viron a Xesús como o máis importante das súas vidas”.

Robertus Kardi preside as celebracións do xoves eucarístico do 10 de outubro, na Catedral.

Máis información na web da Delegación de Misións.

Curso catequético 2024-25

O papa Francisco vén de convocar o Xubileu romano de 2025, co lema “Peregrinos da esperanza” e o Departamento de Catequese da Diocese acolle este chamado do Papa a non perder a esperanza. Trátase de contaxiar a toda familia catequética esa esperanza porque, a pesares dos moitos atrancos, o Esírito do Señor acompaña ao seu pobo e derrama os carismas e ministerios necesarios para a edificación da Igrexa. Para o curso 2024-25 proponse o lema “Catequistas da esperanza” subliñando o papel vital dos catequistas como portadores de esperanza nas súas comunidades e lugares.

Obxectivos da catequese:

  • A misión dos catequistas é a nosa esperanza; vocación de servizo na Igrexa centrada na transmisión da fe
  • Coidar as comunidades cristiás por de onde saen os catequistas
  • Convocar ás familias, nenos, mozos e adultos á catequese.

Alberto Leiva Torreiro

Delegado episcopal para a educación na fe

Dtor. do Departamento de Catequese

A %d blogueros les gusta esto: