Xesús chamou a doce homes para que estivesen con El e para envialos a anunciar a boa nova do reino de Deus. Formounos durante varios anos, acolleunos na súa compañía, abriulles o corazón e foilles ensinando todo. Esa mesma historia repítese en cada mozo que entra no Seminario.
Neste Día do Seminario 2018 agradécese a Deus por todas aquelas persoas que puxo para que nos acompañen no noso camiño. Seguro que entre elas hai algún sacerdote. É tamén un día para ofrecer a nosa oración polos sacerdotes, agradecendo o don do seu ministerio e pedir polas vocacións sacerdotais
Como debe ser o acompañamento dos mozos no seu camiño:
• Con disponibilidade para pasar tempo con eles, escoitar as súas historias, compartindo penas e alegrías.
• Cunha mirada capaz de ver a profundidade do seu corazón sen resultar intruso ou ameazador; con discernimento.
• Espertando o desexo, movendo ás persoas do que as ten bloqueadas ou das comodidades nas que descansan; facendo preguntas para as que non hai respostas preestablecidas.
• Cunha comunidade cristiá que converta aos mozos en protagonistas, ofrecéndolles experiencias significativas de crecemento e de discernimento.
• Con figuras de referencia: crentes que teñan unha clara identidade humana, unha sólida pertenza eclesial, calidade espiritual, paixón educativa e discernimento. Para que haxa figuras cribles, hai que formalas e sostelas, proporcionándolles tamén maiores competencias pedagóxicas.