Aínda que o propio día da celebración é o 6 de marzo, na nosa Diocese, celebrouse o día de Hispanoamérica odomingo día 28 de febreiro, na parroquia San Francisco Xavier. Houbo unha Eucaristía á que estiveron invitadas todas as persoas e asociacións hispanoamericanas que están asentadas en Lugo. A continuación no salón parroquial houbo exposición de produtos artesanais e gastronómicos.
A Eucaristía estivo presidida polo P. Eduardo Batubenga, sacerdote da República do Congo, que falou de San Francisco Xavier e animou a seguir colaborando coa obra misioneira, pois el é “un produto de obra misioneira”. Sen a colaboración económica desta obra el non podería ser sacerdote.