O 31 de outubro é o Día das Persoas Sen Fogar baixo o lema Sen saída? Perdidos nun sistema de protección social que non protexe. Digamos basta. Ninguén Sen Fogar.
As persoas sen fogar que atende Cáritas Española son aproximadamente 40.000.
Para Cáritas, os sistemas de protección social fallaron. Moitas persoas con situacións vitais moi complicadas viron paralizados ou pospostos procesos de acompañamento persoal, ou de acceso a recursos e prestacións sociais.
Algunhas propostas para un sistema de protección social axeitado e accesible:
-
Facilitar o acceso ao dereito á protección social nos procesos administrativos, nos prazos, na flexibilidade, nos espazos, etc.
-
Garantir o exercicio do dereito á protección social, a través da adaptación de sistemas de prevención, protección e seguimento desde os servizos sociais, e con ferramentas como o acompañamento social, etc.
-
Desenvolver medidas de carácter preventivo, e non meramente asistenciais.
-
Non limitarse a facilitar o acceso a prestacións económicas, senón ser unha verdadeira ferramenta de cambio e mellora da vida das persoas, incluíndo medidas de acompañamento social a curto, medio e longo prazo.
A Campaña de Persoas Sen Fogar convida tamén á cidadanía, a título persoal, a comprometerse e contribuír á mellora dos máis vulnerables.