O 6 de maio celebrouse na parroquia de San Francisco Xavier de Lugo, o día da Irmandade Obreira de Acción Católica (IOAC).
Nun ambiente festivo dialogouse sobre o tema proposto este ano desde a HOAC xeral, “Tecer vínculos de fraternidade no mundo obreiro e do traballo”.
A continuación, Eloina Ingerto presidenta da EAPN Galicia (Rede contra a pobreza), falou sobre a campaña de vivenda digna e accesible que están a traballar neste momento.
Á hora do descanso e tomando un café de comercio xusto, uniuse o Bispo de Lugo que a continuación presidiu a Eucaristía.
Na sobremesa do xantar compartido dialogouse de xeito relaxado sobre a asemblea xeral de agosto e compartíronse as experiencias que se viven nos distintos sectores nos que traballa IOAC: migrantes, xitanos, muller, presos…