O sábado día 6 na Parroquia San Francisco Xavier (Lugo) celébrase o día da IOAC (Irmandade Obreira de Acción Católica) a nivel de toda Galicia. É unha ocasión de convivencia e de dar a coñecer a Irmandade obreira todas as persoas interesadas. Este ano, a campaña que se traballa ten o título de “Tecer vínculos de fraternidade no mundo obreiro e do traballo”.
A programación do día é a seguinte:
- 10:45 h Acollida
- 11 h Oración
- 11:15 h Presentación do tema do día
- 11:45 h Tecendo redes con EAPN (Rede contra a pobreza) – Galicia
- 12:15 h Diálogo
- 13 h Eucaristía presidida por Mons. Alfonso Carrasco
- 14 h Xantar fraterno
- 16 h Sobremesa festiva
- 18:30 h Despedida