Este ano o Día da Igrexa Diocesana celébrase o 10 de novembro co lema Sen ti non hai presente. CONTIGO hai futuro.
Na súa Carta á Diocese, Mons. Alfonso Carrasco di que “sen esta «familia diocesana», sen ser comunidade real e palpable, a fe non sobrevive realmente. Isto significa tamén que, sen a persoa de cada un, sen a súa presenza e participación, sen compartir xuntos a fe e as necesidades de cada día, esta «familia» non se fai real entre nós.
E o Bispo da Diocese propón “coidar este ser «familia» da nosa Igrexa diocesana en Lugo, achegando ante todo esa gran riqueza –aínda que estea escondida– que é a nosa persoa, o noso corazón e as nosas mans. E esteamos sempre seguros de que o Pai, que é bo, saberá colmar de bens aos seus fillos que lle piden pan, e sen tardar”.