O Día da Igrexa Diocesa
O Día da Igrexa Diocesana (11 de novembro) lémbranos que formamos parte dunha gran familia que debemos coñecela, apreciala e comprometernos con ela.
O Sr. Bispo Mons. Alfonso Carrasco, con motivo do Día da Igrexa Diocesana, invita na súa carta pastoral a “coidar esta familia diocesana como un gran tesouro, aos nosos irmáns e irmás, aos nosos sacerdotes, ás persoas de vida consagrada, os templos, as tarefas e as iniciativas comúns; porque nesta familia, na súa humildade, están encerradas as riquezas máis decisivas da vida […] e tamén invita a valorar “sobre todo a presenza do Señor Xesús, a promesa de vida, a esperanza que brota ao estar na súa compañía”.
Algúns datos da Diocese, referidos ao ano 2017
Actividade pastoral
Sacerdotes 263 Relixiosos 177 Misioneiros 53
Actividade celebrativa e evanxelizadora
Bautizos 768 Matrimonios 340 Comuñóns 769
Unción de enfermos 323 Confirmacións 377 Catequistas 356
Actividade caritativa e asistencial
Centros sociais e asistenciais 8 Persoas atendidas 4.000