Con motivo de cumprir tres anos como Bispo, D. Alfonso Carrasco mantivo unha charla informal coa directora e colaboradores do programa radiofónico “Igrexa en Lugo”. Eses anos servíronlle para sentirse orgulloso da Diocese. En relación con outras, e mirando cifras, a de Lugo pode parecer que non é grande, pero resultar ser unha Diocese variada, polifacética.
Tamén é para estar orgullosos da Catedral, na que hai un espírito moi singular (recollemento…), que non se atopa noutros lugares. A exposición do Santísimo cámbiao todo.
Para o señor Bispo, ante un sacerdote maior, en principio podería sentir preocupación, pero hai alegría.
É importante tamén o feito de que na Diocese colaboran moitísimas persoas.
A Diocese de Lugo é unha realidade moi viva, en movemento e transformación constante. Moitas persoas con problemas e virtudes. Responder como Bispo ao que a realidade esixe, xa é moito.
Estas foron algunhas das ideas de D. Alfonso Carrasco sobre a Diocese, que puideron escoitar os oíntes de “Igrexa en Lugo”.