A asociación Arela, en colaboración coa Hermandad Obrera de Acción Católica, organiza un Curso formativo baixo o título “Novas Pobrezas“, os días 24 e 25 de maio.
As ponencias do curso serán impartidas polo militante da HOAC Juan Francisco Garrido Jiménez, no Seminario menor de Belvís (Avda. Quiroga Palacios, nº 1, Santiago).
O custe do curso completo, incluíndo comidas e aloxamento no mencionado lugar, é de 30€/persoa. Hai un fondo de solidariedade se o prezo é un problema á hora de asistir.
Haberá un servizo de atención a nenos/as maiores de 2 anos, e tamén un programa de actividades para os menores que acudan cos seus pais.