A Sección de Formación do Profesorado de Relixión do Instituto Teolóxico Compostelán convoca un Curso de formación para Profesorado de Relixión Católica de Galicia. Os días son o 10 e o 24 de novembro de 2012, de 10,00 a 21,00 horasa. E o lugar é o Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo. Asisten un cento de persoas.
Obxectivos previstos:
• Reflexionar sobre os fundamentos da fe
• Reflexionar sobre a doutrina católica desde a metodoloxía e a didáctica
• Profundar nas estratexias de construción de contidos pedagóxico-didácticos
• Artellar unha pedagoxía potenciadora da multiculturalidade
Programa do día 10:
- 10’00 Acollida e presentación
- 10’15 Conferencia: Os fundamento da Igrexa Católica I
- 12’15 Descanso
- 12’30 Conferencia: Os fundamento da Igrexa Católica II
- 14’30 Xantar
- 16’30 Conferencia: As metolodoxías cristiás na aula
- 18’30 Descanso
- 19’00 Conferencia: As didácticas cristiás máis efectivas na aula
- 21’00 Fin da xornada
Dos relatorios da mañá encárgase José Antonio González García (doutor en Sagrada Escritura, profesor no Instº Teolóxico Compostelán), pola tarde Mario Vázquez Carballo (doutor en Teoloxía).
•A fase formativa ten unha valoración de 15 horas e a fase de avaliación 1 hora.
Persoas coordinadoras: D. Juan José Capeáns Pazos e D. Enrique Luis Sánchez Arias.