Este sábado, 19 de setembro, en Silleda renóvase o Curso de Formación en Matrimonio e Familia organizado polas dioceses de Galicia. A xornada estará dirixida pola experta en Counseling e directora do Centro de Escoita San Camilo de Valladolid, Mónica Campos Alonso.
Tema: a relación de axuda no marco da pastoral familiar, habilidades e destrezas inspiradas na psicoloxía humanista e que permitirán afrontar mellor a tarefa educativa e de acompañamento.
O horario do día 19 é o seguinte:
10 h Presentación e relatorio “Que é a Relación de Axuda”? Como se pode aplicar no ámbito pastoral coas familias?
12.30 h Relatorio – Elementos básicos da Relación de Axuda. Actitudes e habilidades (2ª parte)
16.10 h Taller-coloquio: Casos prácticos enfocados ao acompañamento e a escoita de persoas adultas
17.25 h Taller-coloquio Casos prácticos: Acompañar e escoitar a adolescentes, mozos e persoas non-practicantes.
A partir das 18.45 h presentaranse unha serie de experiencias pastorais:
– Centro de Escoita San Camilo de Valladolid, que se dedica á acollida e acompañamiento a aquelas persoas que están pasando na súa vida por unha situación de sufrimento ou especial vulnerabilidade, e tamén para aquelas que desexan dar un paso no seu proceso de crecemento persoal.
– Proxecto Raquel (Fundación Spei Mater e Fundación COF Diocesano de Lugo) proxecto de axuda ás mulleres que sofren a Síndrome Post Aborto.
– Visión xeral da Pastoral Familiar. Teresa Martín Navarro (Membro do Equipo de Pastoral Familiar da Diocese de San Sebastián. Foi directora dos COF Diocesanos de Getafe e Palencia.