A partir do 30 de outubro o Movemento Bíblico de Lugo ofrece un novo curso dirixido a axentes pastorais, catequistas, movementos laicos e a todos aqueles interesados en achegarse á Biblia. de. Tras a experiencia do último curso sobre “As grandes experiencias relixiosas do antigo Israel” agora trátase sobre “San Paulo e as primeiras comunidades cristiás”
Asístese ao nacemento da Igrexa, como medra e se desenvolve a comunidade cristiá; como se entende a si mesma e en que bases se fundamenta; como vive, que predica, como celebra… E tamén que problemas ten, como os resolve e como garda a memoria do Xesús histórico.
Axudará a clarificar e sedimentar a propia experiencia dos crentes cristiáns de hoxe.
Estúdans as Comunidades Cristiás dos anos 30-70: a súa situación xeográfica e cultural, os seus modos de vida, a súa actividade evanxelizadora, os seus anuncios de fe, o novo espírito xurdido da Resurrección do Señor Xesús e expresado nas Benaventuranzas. os seus problemas e dificultades, as súas celebracións comunitarias, especialmente a Eucaristía.
Os que se inscriban no curso acompañare a Paulo de TARSO nas súas viaxes… unha figura apaixonante.