Cursiños de Cristiandade

Do 17 ao 19 de novembro celébrase un Cursiño de Cristiandade na Casa Diocesana de Exercicios. Está dirixido a crentes que buscan profundar na súa vida de fe, e tamén a persoas indiferentes, non crentes ou alonxadas. Ten sitio no Cursiño toda persoa que busque, con certa seriedade, o sentido trascendente da súa vida, sexa cal for a súa forma de pensar e de sentir.

O Cursiño de Cristiandade pode ser unha experiencia de fe, altamente gratificante que, en xeral, ilumina o noso camiñar. Quen o vive, di que viviu os tres días máis interesantes da súa vida.

O Cursiño de Cristiandade proclama o substancial da fe, de forma testimonial, cálida, alegre, xubilosa. Como a Boa Nova que salva ao home. Máis que demostrar grandes verdades, mostra vidas que van sendo tocadas pola forza do Espírito.

O Movemento de Cursiño de Cristiandade non sitúa ao cristián nun lugar prefixado, senón que actúa con delicado respecto ás opcións persoais e axuda a descubrir e desenvolver a vocación de cada un. En ningún momento o cursillista deixa de ter o seu campo de actuación.

Máis información: 982 227 705  ou  mcursilloscristiandadlugo@gmail.com

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: