O Voluntariado Penitenciario Lucense organiza unha xornada de formación sobre “A realidade das drogas” o 14 de abril a partir das 10:30 h. no salón de actos de Cáritas na avenida das Américas, 93 – 97.
Entre as persoas que piden axuda aos colaboradores de Cáritas, do Voluntariado Penitenciario… un problema que poden ter é o consumo de drogas.
Cómpre, pois, saber detectar toxicomanías, orientar ás persoas e na medida e o posible guialas no camiño da desintoxicación.
Obxectivos do curso:
-
Facer ver a importancia e a necesidade da formación e a prevención.
-
Proporcionar as habilidades sociais adecuadas para o desempeño das súas funcións de forma adecuada, nos diferentes campos de actuación: no fogar familiar, establecementos de Cáritas, casas de acollida…
-
Facilitar os coñecementos necesarios sobre os recursos e estratexias a ter en conta para unha maior eficiencia.