O 24 de xuño de 2017 iniciábase no Santuario do Corpiño o Ano Santo Mariano que conclúe esta semana co seguinte programa:
23 de xuño
-
Durante todo o día: “Trae unha flor á Virxe” (as flores que acheguen os devotos colocaranse na imaxe da Virxe elaborada en madeira e de máis de 2 metros de altura).
-
Misas desde as 9h da mañá.
-
Misa Solemne ás 12h Cantada polo coro Nosa Señora do Corpiño.
-
Procesión e Ofrenda-baile á Virxe.
-
Pola tarde, Misa ás 6h.
-
Ás 11h da noite, Santa Misa á luz das candeas no exterior do Santuario e Procesión dos Fachos. Unha vez finalizada a Eucaristía farase a presentación do novo manto e saia que estreará a imaxe da Virxe o día da súa Coroación, realizarase a bendición tanto do manto como da saia, e seguidamente o autor explicará a súa obra.
-
Gran tirada de lumes artificiais.
24 de xuño
-
Misas desde as 9h da mañá
-
Ás 11:30h Procesión previa á Misa da Coroación e Gran Petalada.
-
Ás 12h Santa Misa Solemne de Coroación Pontificia da Benaventurada Virxe María do Corpiño, presidida por Mons. Alfonso Carrasco Rouco e cantada pola Coral Polifónica do Casino do Carballiño, a Coral Polifónica Trasdeza de Silleda e a Coral Nosa Señora do Corpiño e acompañados da Banda de Música de Vilatuxe.
-
Procesión e Ofrenda-baile á Virxe.
-
Despedida da Benaventurada Virxe María do Corpiño Coroada.
-
Pola tarde, Misas ás 5 e 6h.
Poderá verse en directo a celebración da Coroación Pontificia da Virxe na páxina web do santuario.