O mércores 14 no Museo Provincial Yolanda Ferrer ofreceu unha conferencia titulada “Espera un milagre”. É unha frase que un día Vicente Ferrer e a súa esposa atoparon pintada nunha parede.
Ata o 18 de outubro, hai no Museo Provincial unha exposición de fotografías feitas por Yolanda Ferrer en Anantapur. Alí coñeceu a obra da Fundación Vicente Ferrer e agora Yolanda é a súa representante na Coruña. Estes actos organízaos a Delegación de Misións con motivo da Xornada do DOMUND (18 de outubro).