O luns 27 o Seminario Diocesano acolleu unha conferencia do misioneiro xaveriano Carlos Collantes sobre a encíclica Redemptoris missio, publicada hai 25 anos para ratificar a validez do compromiso misioneiro. A idea de Xoán Paulo II era tamén que servise de estímulo para que a Igrexa espertase da súa apatía ante a esixencia misioneira.
Para Carlos Collantes, a misión é un desbordamento de amor de Deus, e quen saborea ese amor desexa que os demais experimenten o mesmo. Por outra parte, tamén é un servizo, pois o anuncio do Evanxeo desvélalle ao ser humano a súa identidade, tanto no aspecto individual como colectivo.
Carlos Collantes sinalou que unha conquista do Vaticano II é a de considerar a misión labor de todos.
Organizaron o acto as delegacións de Misións e de Apostolado Segrar.