O día 22 Monseñor Alfonso Carrasco pronunciou unha conferencia co título “Para unha comprensión cristiá do Camiño de Santiago”. A presentación do Bispo de Lugo fíxoa D. Enrique Beotas, fundador do Grupo Quator-Quindici. Este acto inscríbese dentro dun Seminario “Historia de España” que organiza a Universidade San Pablo CEU co título de “Pasado, presente y futuro de Galicia”. Este Seminario continúa os días 23, 24 e 25 de marzo con outras personalidades galegas.