A Delegación de Misións programou o 7 de outubro unha conferencia de D. Santiago Agrelo, arcebispo de Tánger, que realiza o seu labor pastoral na fronteira tanto con cristiáns como con musulmáns.
D. Santiago Agrelo, sinalou que África é o continente máis rico pero o que ten máis pobres. Algúns deles inician un periplo, en condicións espantosas, fuxindo da súa situación. Ante isto, en Europa hai autoridades civís, eclesiásticas, e tamén cidadáns, que só ven cuestións técnicas (cámaras de vixilancia, reconducir fluxos migratorios…). Pero os cristiáns non debemos poñer o centro na técnica senón no corazón. Desde a Revelación, desde o Evanxeo, máis que falar de inmigración, hai que falar de persoas, ante as que non podemos mostrarnos indiferentes, senón ser xustos, compasivos e hospitalarios.
Fronte á indiferencia, Santiago Agrelo invitou a ter estoutras actitudes: “Nunca veremos aos pobres se neles non nos vemos a nós mesmos”, “espero que na fronteira, á luz da fe, nos confundan cos pobres”.
1 comentario en “Conferencia de D. Santiago Agrelo, arcebispo de Tánger”