Entresacamos 10 parágrafos das conclusións do Sínodo da Familia:
1. “A indisolubilidade do matrimonio corresponde ao desexo profundo de amor recíproco e duradeiro que o Creador puxo no corazón.humano, e é un don que a Igrexa mesma fai a cada parella”.
2. “No caso en que se consuma un doloroso final da relación, a Igrexa sente o deber de acompañar este momento de sufrimento, de modo que polo menos non haxa conflitos penosos entre os cónxuxes. Particular atención debe ser prestada sobre todo aos fillos”.
3. “A presenza das familias numerosas na Igrexa é unha bendición para a comunidade cristiá e para a sociedade, porque a apertura á vida é unha esixencia intrínseca do amor conxugal”.
4. “En moitos países un crecente número de parellas conviven, sen ningún matrimonio. Isto ha de ser afrontado de xeito constructivo, buscando transformar tal situación en oportunidade de camiño de conversión cara á plenitude do matrimonio e da familia á luz do Evanxeo”.
5. “En moitas circunstancias, a decisión de vivir xuntos é signo dunha relación que quere realmente orientarse a unha perspectiva de estabilidade. Esta vontade, que se traduce nun vínculo duradeiro, fiable e aberto á vida, pode considerarse un compromiso no que establecer un camiño cara ao sacramento matrimonial”.
6. “Toda persoa, independentemente da súa tendencia sexual, ha de ser respectada na súa dignidade… Non existe fundamento algún para asimilar ou establecer analoxías, por remotas que sexan, entre as unións homosexuais e o plan de Deus para o matrimonio e a familia”.
7. “Coa violencia familiar … tolerancia cero”.
8. “Os bautizados que están divorciados e voltos casar civilmente deben ser mellor integrados na comunidade cristiá nas diversas formas posibles, evitando ocasión de escándalo. Poden vivir e madurar como membros vivos da Igrexa”.
9. “Os divorciados voltos casar deben preguntarse como se comportaron cos seus fillos cando a unión conxugal entraba en crise, se intentaron a reconciliación, como é a situación do cónxuxe abandonado, que consecuencias ten a nova relación con respecto ao resto da familia e a comunidade de fieis, que exemplo está ofrecendo aos mozos que se preparan para o matrimonio”.
10. “A misión da familia abrangue a unión fecunda dos esposos, a educación dos fillos, o testemuño do sacramento, a preparación doutras parellas ao matrimonio e o acompañamento amistoso a aquelas parellas ou familias que están en dificultades”.