San Francisco Xavier. O día 21 de decembro ás 17h. hai un Festival no Centro Social de Fingoi.
A Milagrosa. En beneficio de Cáritas, o día 19 celébrase un festival no Auditorio ás 19:15, con participación de alumnado de colexios da zona. Os salesianos farán unha exhibición de kárate.
Igrexa de Sta. Mª a Real do Cebreiro. Concerto o día 21 ás 19h de Herbens Consort, grupo de músicos “barrocos coma ti”
No altar do Bo Xesús da Catedral ofrecerá un concerto o Orfeón Lucense o día 22 ás 13.30 horas. Interpretará temas populares, de Pau Casals, Schubert e J. S. Bach. Dirixe Marcos Fernández Mosquera e actúa como violín solista Carlos Rodríguez Otero.
Na igrexa da Nova (Lugo) hai unha serie de concertos:
- Día 20 ás 20:30 actúan a Banda Municipal de Lugo e o Orfeón Lucense.
- Día 21 ás 20:30 concerto en favor de Cáritas con Elisabeth Filgueira (mezzosoprano) e David Robles (piano) e a presentación do Coro infantil parroquial
- Día 24 ás 17:30, actuación de Noemí Mazoy e o Orfeón Lucense
- Día 27 ás 20:30, Nadal con Bach. Intérpretes: Xabier de Acosta (frauta) e Joaquín Barreira (órgano)