O xoves día 20 na Catedral dará un pequeno concerto de Nadal tralo acto de bendición do belén. Á súa vez este acto prosegue á Eucaristía presidida polo Sr. Bispo, á procesión e á exposición do Santísimo que terán lugar na basílica lucense o devandito día a partir das 20h.
O próximo 22 de decembro, sábado, ás 20:30 h., o Orfeón Lucense ofrecerá o seu tradicional Concerto de Nadal, na igrexa de Santiago-A Nova.
O Orfeón, Coro oficial da Catedral de Lugo, que estará dirixido polo seu titular, Marcos Fernández Mosquera, ofrecerá un recital con panxoliñas do folclore galego e de todo o mundo, no que a agrupación estará acompañada por Carlos Rodríguez, violinista galego residente en Bristol (Reino Unido), colaborador do Orfeón nestes últimos anos.
Dúas actuacións máis ofrecerá o Orfeón aos lucenses antes do remate do ano:
-
27 de decembro, dentro da campaña “CANTOS DE NADAL 2018” que promove a Deputación Provincial de Lugo, cantará a misa vespertina (19,30h.) recital de cantos de Nadal na igrexa parroquial de A Milagrosa,
-
28 de decembro, ás 20h. cantará panxoliñas polo centro da cidade.