O mércores 1 de marzo ás 21h na Catedral de Santa María o grupo musical Concentus Lucensis dá un concerto con música de Johannes Brahms…
Concentus Lucensis está integrado por Esperanza Iglesias (soprano), Carmen Prendes (contralto), Fernando G. Jácome (tenor), Marcos Mosquera e Antón Castro (baixos). Estarán acompañados por Nicolás Varela, ao órgano positivo; Cristina Nogueira, ao violoncelo e Giulio Mercati, nos grandes órganos da Catedral.
No programa do 1 de marzo inclúense sobre todo obras de Johannes Brahms pero tamén de Francisco Guerrero, Tomás Luís de Vitoria, Giovanni Croce, Jacob Handl, entre otros compositores.
Concentus Lucensis é un grupo vocal nacido dos fecundos encontros artísticos que teñen lugar durante as edicións do Festival organístico e do Curso de música litúrxica do Corpus Christi de Lugo. Os seus compoñentes son os mestres e solistas principais do coro lucense Solo Voces, do Orpheón Lucense e do Gruppo vocale S. Bernardo, que desenvolve a súa actividade principal entre Saronno (Italia) e Lugano (Suíza). Concentus Lucensis canta principalmente a partes reais, é dicir, cunha soa persoa para cada parte, abordando un repertorio vasto, cunha predilección particular pola polifonía renacentista.