O vindeiro domingo día 22 de maio de 2016, ás oito da tarde, no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo, celebrarase un concerto benéfico. Actuarán a Banda Municipal de Lugo, dirixida por Rosendo Ivorra Jover, e o Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Manuel Fernández Mosquera.
As entradas poden adquirirse no local de Mans Unidas (rúa da Cruz, 1 B, 1º9 de 11 a 13 horas, teléfono 982 25 55 67; ou no propio Círculo das Artes desde unha hora antes do concerto. Todo o diñeiro recaudado cos 5 euros de donativo que custa cada unha, será destinado aos dous proxectos que a Delegación de Mans Unidas Lugo financia este ano en Honduras e Zambia.