O domingo 19 de novembro celebrouse no Santuario do Corpiño o Xubileu dos condutores. Ás 11:40 h, iniciaba a peregrinación cara á Porta Santa un gran grupo de fieis chegados de diversas zonas: Vigo, Tui, Redondela, Marín, Cangas… Chegaron distintos tipos de vehículos, desde taxis ata camións, para recibir a bendición no Ano Santo Mariano.
O día anterior, o sábado 18 de novembro, o Santuario do Corpiño recibira unha visita especial: unha concentración de vehículos antigos organizado pola Escudería de Clásicos “O Toxo” de Lalín. Sobre as 17:30h da tarde empezaba a ruxir o exterior do Santuario co son dos motores, ata cubrir o longo do aparcadoiro. Ás 18:00 h, tivo lugar a Eucaristía na que se fixo unha mención especial á Escudería. Ao finalizar, impartiuse a bendición a todos os vehículos antigos.