A REDE, con motivo da organización en Lugo o 19 de setembro da III Xornada contra a Trata, quere manifestar a necesidade de traballar nos seguintes puntos:
1. Os avances lexislativos e medidas políticas realizadas entre 2008 e 20131 son claramente insuficientes. Séguense a incumplir compromisos adquiridos por parte do Estado Español na trasposición da Directiva Europea 2011/36/UE relativa á Prevención e Loita contra a Trata de seres Humanos e a Protección das Víctimas de forma completa. Por elo, é necesario a aprobación dunha lei integral contra a trata.
2. Ausencia de perspectiva de xénero e de dereitos humanos: non se toman medidas para evitar a re-victimización das vítimas intervindo dende un enfoque de política migratoria e de seguridade do Estado. Non existe, por tanto, unha abordaxe integral contra a trata nin o recoñecemento específico dun estatuto formal de vítima de trata (acceso a dereitos sociais, sanitarios, laborais, de protección integral, de acceso a xustiza e reparación do dano…) nin tampouco de protección integral e adecuada (siempre dependen da interposición dunha denuncia e da colaboración na investigación policial).
3. Os instrumentos de identificación de vítimas de trata (tamén no caso de menores) son inadecuados e están enfocados a abordar este fenómeno dende a única perspectiva da inmigración ilegal (ou dende a delicuencia xuvenil, no caso de menores).
4. Aínda que Galicia conta cun dos primeiros Protocolos institucionais de loita contra a Trata sexual dentro do Estado español, existe unha ausencia de coordinación real entre os axentes implicados: ong´s, fiscalía, forzas e corpos de seguridade no traballo realizada neste ámbito. Instamos a administración pública para que asuma un papel activo neste eido.
5. Non se aplica o “principio internacional de non devolución”. A lei de asilo recoñece expresamente este dereito cando existe persecución por razóns de xénero e nin o asilo nin outras formas de protección humanitaria se están a utilizar por parte do Estado no caso das vítimas de trata.
Cáritas Lugo (Programa Muller) e 9 institucións máis