197 participantes, 75 nenos e 10 monitores estarán este sábado en Silleda para participar na 1ª xornada do Curso de Formación en Matrimonio e Familia.
Tras o relatorio da mañá, Antropoloxía da familia, a cargo de Xosé Manuel Domínguez, pola tarde haberá a oportunidade de coñecer interesantes experiencias de diversos ámbitos da Pastoral Familiar en España. En concreto, as Escolas de Familias da Arquidiocese de Toledo. Van máis aló dunha escola de pais, integrando tamén aos fillos de forma que poida vivir esta experiencia toda a familia.