No Salón de Actos da Deputación de Lugo intervén o martes 5 de marzo ás 20h Francisco Vázquez para falar da nova situación da Igrexa, con sé vacante. O conferenciante recurrirá á súa experiencia como embaixador durante os anos 2006 – 2011 na Santa Sé.
Frei Francisco Castro concluirá o 13 de marzo estas XI Xornadas que organiza a Xunta de Confrarías de Semana Santa de Lugo.