No marco da celebración da Novena da Graza na parroquia San Francisco Xavier, o 10 de marzo o padre predicador Daniel Cerezo deu unha charla sobre interculturalidade. E o comboniano Daniel Cerezo comezou sinalando que a renovación da Igrexa pasa pola interculturalidade, algo que non debe ser visto como obstáculo senón como enriquecemento.
A hospitalidade na Biblia: vese no Levítico, nos Evanxeos… non se practica a desgusto, é amor aos estraños.
Xesús como forasteiro: veu ao mundo como forasteiro, identifícase cos forasteiros, se nos poñemos ao servizo do forasteiro, seremos merecentes do Reino de Deus.
Xesús como hóspede: o sitio de Xesús é onde chega e o acollen. Xesús cea coa xente considerada respetable e cos indesexables. Sempre está á escoita.
Xesús como anfitrión: intenta que a hospitalidade non sexa unha carga. Na Última Cea ofrécese a si mesmo e vese que a hospitalidade de Xesús esténdese a todos, incluso ao traidor.
Propostas para poñer en práctica a interculturalidade:
- comida parroquial 1 vez ao mes ou cada 2 meses
- visitar a domicilio a persoas, tanto sexan da Igrexa como alonxados
- mes da koinonía
- que unha persoa da parroquia se encargue de acoller a quen chega por primeira vez,…