A comunidade de Misioneiras Eucarísticas de Nazaret de Lugo organiza actos de acción de grazas polos 100 anos de existencia da Congregación.
As celebracións son os seguintes días:
Domingo 2 de maio
-
Oración de acción de grazas pola fundación de Misioneiras Eucarísticas Nazaret
-
Lugar e hora: Catedral de Lugo, 17:30 horas
Luns 3 de maio
-
Celebración eucarística
-
Lugar e hora: Parroquia de San Froílán (Lugo), 18:00 horas
O 3 de maio de 2021 cúmprense 100 anos da súa fundación, levada a cabo en Málaga, por San Manuel González. Este bispo español, marcado para sempre polo encontro con Xesús Eucaristía nun Sagrario abandonado, propúxose achegar a todos á Eucaristía, sobre todo a quen estaban máis sós e abandonados. As Misioneiras Eucarísticas de Nazaret continúan facendo vida este carisma eucarístico reparador e levan adiante a súa misión de anunciar ao mundo o Evanxeo da Eucaristía.