Algunhas das celebracións en honra da Virxe nesta 2ª semana de setembro na Diocese de Lugo:
O Faro: trala romaría do día 8, terá lugar ás 17h do día 9 a Misa e baixada da imaxe ata Requeixo, onde haberá Misa á chegada da imaxe.
O Cebreiro: celebracións na honra do Santo Milagre e Santa María a Real. Misas no santuario pola mañá e pola tarde dos días 8 e 9.
Virxe dos Remedios en Antas de Ulla: Ás 13 h de cada un dos dous días 8 e 9 celébrase a Misa solemne seguida da tradicional procesión acompañada pola Banda Municipal de Antas e a charanga O Recodio (o día 8) e pola Banda de Música Virxe do Carmen e o Grupo de Gaitas A Fiadeira (o día 9).
Cadeiras, San Vicente de Pinol, Sober: Romaría na honra á Virxe dos Remedios. Os veciños baixaron a Virxe desde Cadeiras ata a igrexa parroquial. O mércores día 7 en torno ás 20:00 horas subiuse a Virxe dos Remedios ao santuario. O xoves a xornada iniciouse a partir das 11:00 horas da mañá coa celebración das misas rezadas. En torno ás 13:00 horas ofíciouse unha Misa solemne con procesión. O venres día 9 celébranse as misas rezadas a partir das 11:00 horas e a tradicional Misa solemne en torno ás 13:30 do mediodía.
Virxe das Dores, Montouto, Santa Baia de Losón, Lalín: O 10 de setembro ás 20:30h é a procesión de fachos e o día 11 desde as 9h santas misas. A das 13h será Misa solemne, cantada polo Coro Rociero de Ntra. Sra. del Socorro (Cádiz).