Mércores 12 de abril, ás 11 h na Catedral de Lugo, o Bispo Mons. Carrasco Rouco, presidirá a Misa Crismal, na que concelebran os sacerdotes da Diocese. Nesta celebración, que manifesta a comuñón do Bispo cos seus presbíteros, bendinse os óleos que despois se reparten ás parroquias para a administración dos sacramentos.
Xoves Santo ás 18 h faise memoria da Santa Cea coa institución da Eucaristía e do sacerdocio. O lavatorio dos pés recorda que El anticipou o sacrificio supremo do Calvario, e deixounos como nova lei o seu amor. Preside o Sr. Bispo.
Venres Santo
Mañá, 12 h.: Sermón das Sete Palabras. Acto de piedade que comenta as palabras de Cristo na Cruz. Predica o Delegado de Xuventude, José Antonio Adrio.
Tarde, 18 h.: Celebración da Paixón do Señor presidida polo Bispo Mons. Alfonso Carrasco
Sábado Santo, ás 23 h SOLEMNE VIXILIA PASCUAL que preside o Sr. Bispo. Tras bendicir o Lume Novo, acéndese o Cirio Pascual, símbolo de Cristo que ilumina a todo home, e resoa xubiloso o gran anuncio da Resurrección.
Domingo de Resurrección, a partir das 11.40 h procesión do Santo Encontro e a continuación Solemne Misa Pontifical de Resurrección. Mons. Carrasco Rouco preside esta Eucaristía. Asisten autoridades civís e eclesiais e unha representación das confrarías; ao finalizar impártes a bendición papal. Trala Eucaristía, procesión do Cristo Resucitado.