O Domingo de Ramos comezou no centro da cidade de Lugo pola mañá cunha multitudinaria bendición de ramos na praza de Santa María, a procesión da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén e a Eucaristía.
Pola tarde, a Virxe das Dores (na imaxe) foi levada en andas por corenta confrades, ataviados cunha ampla túnica e capuz negros, e no peito o escudo co Corazón da Virxe das Dores bordado sobre branco, faixa vermella, luvas brancas e capa branca coa cruz dos Cabaleiros do Santo Sepulcro ó lado esquerdo.
Estivo acompañada pola Banda de Música de Guntín, que interpretou a súa saída a Marcha Procesional “Dolor, toma mi mano” composta para esta Virxe polo seu Director D. Manuel Yáñez. Seguindo a tradición da Semana Maior, un nutrido número de mulleres ataviadas con mantilla, escoltaron este Paso. Organiza esta procesión a Confraría do Desencravo do Señor e das Maiores Dores de María Santísima.
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado
O Bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco, presidiu a Misa de Ramos na Paixón do Señor, que concelebraron cóengos da catedral e varios dos párrocos da cidade de Lugo. Asistiu un gran número de fieis. Na súa homilia, Mons. Alfonso Carrasco, indicou que «comezamos a celebración da Semana Santa neste…
11/04/2022
En "Diocese"
A festa do Domingo de Ramos é unha das celebracións e manifestacións populares católicas máis concorridas e multitudinarias da Semana Santa. Por algo é o pórtico da Semana Grande da cristiandade que comeza cun ton festivo no que se reproduce, con gran participación de todas as xeracións, especialmente dos nenos…
26/03/2018
En "Opinión"
Venres 26 de marzo: VÍA CRUCIS POLAS VÍTIMAS DO COVID -19 ás 18:30 h na Catedral Organiza a Xunta de Confrarías de Semana Santa 28 de marzo: DOMINGO DE RAMOS: Eucaristía e bendición de ramos ás 12 h na Catedral Colabora a Confraría da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén.…
25/03/2021
En "Diocese"