A tradicional romaría de San Mateo en Monforte comeza o mércores 21. Desde a Parroquia da Estación sáese ás 9:30 h en peregrinación ata o Santuario, que está en A Parte. Aquí celébrase a Eucaristía cada hora, sendo a última, ás 13 h, Misa solemne. O xoves 22 tamén se celebra Misa solemne ás 13 h
O festexo chamado San Mateo Pequeno celebrábase en tempos na localidade de Cinsa, Baamorto. A festa nacera cando xente de concellos veciños (Pantón, O Saviñao), que asistira ao San Mateo, regresaba a pé ás súas casas e descansaba en Cinsa.
Celebrábase tradicionalmente o seguinte domingo ao San Mateo, polo que este ano é o 25 de setembro. Ás 13 h celébrase Misa.
Unha das motivacións para recuperar o San Mateo Pequeno é divulgar o patrimonio histórico, cultural e paisaxístico local. Por iso, ás 11 h faise un percorrido guiado pola localidade e a súa contorna, lembrando por exemplo a tradición vitícola que houbo e a musical: zanfonista Amadeo Goyanes. Ademais, confeccionaranse uns arcos vexetais decorativos para celebrar o San Mateo Pequeno.