O venres 4 de xaneiro a Catedral acolle as celebracións en honra de San Manuel González: ás 18:30h oración e ás 20h Eucaristía. A lembranza de San Manuel González tamén é ocasión para coñecer o Fondo solidario da Familia Eucarística Reparadora. O recadado na colecta do día 4 irá destinado a un comedor infantil en Venezuela.
Os membros da Familia Eucarística Reparadora en Lugo (Misioneiras Eucarísticas de Nazaret, Marías dos Sagrarios), entre outras actividades, organizan este curso:
-
o primeiro domingo de cada mes, un acto eucarístico (vésperas) na Catedral ás 5 da tarde;
-
a acción “Lume á tardiña” os segundos martes na Catedral ás 6 da tarde;
-
unha charla de formación o terceiro martes de mes ás 5 da tarde na igrexa Santiago A Nova;
-
e os cuartos martes ás 5 de tarde, faise oración en localidades da Diocese onde non hai Misa diaria.