Na igrexa parroquial de San Pedro (Lugo) está celebrándose a Novena a Nosa Señora de Fátima. A partir das 18:30 h hai rezo do Santo Rosario, exercicio da Novena e celebración da Eucaristía, que está presidida por José Pena Mouriz (delegado do Apostolado Mundial de Fátima en Lugo)
O último día da Novena, o día 13 terá lugar a Misa dos enfermos ás 11h, coa administración do sacramento da Santa Unción.
Pola tarde será a Consagración a Nosa Señora de Fátima e haberá unha ofrenda de flores á Virxe por parte dos nenos de catequese e demáis nenos que queiran participar.
Estes actos están organizados por Fillas de María, Lexión de María e Apostolado de Fátima.