Os días 15 – 17 de setembro celébrase o triduo na honra da Virxe da Saúde en Adai (Lugo) ás sete da tarde, como preparación para a festa do domingo día 18. Nese día, haberá misas toda a mañá, a partir das 10, finalizando á unha coa bendición de todas as obras realizadas no templo; a tradicional “bendición de chaves” e a misa Solemne, que presidirá o Vigairo Xeral da Diocese Mario Vázquez Carballo.
A este santuario mariano, que dista tres quilómetros da cidade de Lugo, unido pola estrada das Saamasas a Ombreiro, á beira do río Miño, con abundantes sombras e varios asentos, achegaranse os seus devotos, sobre todo peregrinos de Lourdes.
En anos anteriores visitaron este santuario xentes de Baralla, Chantada, Sarria, etc. Este ano, que de novo celébrase solemnemente a súa festa, espérase que se acheguen maior número de hospitalarios de Lourdes, dado que non se peregrinou ao santuario francés.
O templo está totalmente renovado pois nestes últimos anos mellorouse o artesonado, a pavimentación; hai tribuna e tellado novos; pinturas, con nova cor no presbiterio…