O domingo 22 de xuño, ás 11 h na Catedral, celebrouse a Solemne Eucaristía de Corpus. Despois da celebración, todos os movementos, asociacións, confrarías, representantes das parroquias e de colectivos doutros países con presenza na nosa Diocese, acompañados dun grupo de gaiteiros, participaron na procesión de Corpus. Este ano, por diversas circunstancias, só percorreu os arredores da Catedral e terminou coa exposición do Santísimo e a bendición desde o balcón do pazo Episcopal, na praza de Santa María. Como todos os anos asistiron o alcalde e varios membros da corporación municipal acompañados pola banda municipal.
O grupo de Gaiteiros e o Meu grupo OS XÍLGAROS DE LUGO. onde este ano volveremos a facer a procesión e logo despois de rematar a Eucaristía tocaremos pra todolos asistentes unhas pezas tradicionais.un saludo e graciñas por confiar en Nós.
aqui deixamos a nosa paxina de Facebook oficial pra quen queira visitala e ver actuacions,fotos,videos etc