O 7 de outubro ás 20:30 h comezan as catequeses para xoves e adultos que organiza o Camiño Neocatecumenal no salón parroquial da igrexa de San Froilán, Lugo. Os luns e mércores á hora mencionada ofrécese unha ocasión para achegarse a Xesucristo e á Igrexa dunha forma nova, coñecendo tamén a persoas “tocadas” por Cristo que viven a súa fe dun xeito revolucionario. O lema escollido para este curso é “Xesucristo ámate, deu a súa vida para salvarte e agora está vivo ao teu carón cada día, para iluminarte, para fortalecerte, para salvarte” (Evangelii Gaudium)