O venres, día 27 de decembro, celébrase a xornada de formación permanente para sacerdotes, relixiosos/as e laicos no salón de actos do Seminario. O tema elixido é “Cáritas na Igrexa e a nosa Cáritas diocesana”. Comézase ás 11 h e conclúese ás 13:45 h. Tras unha breve fundamentación teolóxico-pastoral da caridade na Igrexa, daranse a coñecer os programas que leva a cabo Cáritas Diocesana de Lugo.
Cáritas
Merenda solidaria en San Lourenzo de Albeiros
O sábado, 14 de decembro, a parroquia de San Lourenzo de Albeiros de Lugo organiza unha merenda solidaria coa finalidade de recoller fondos a prol de Cáritas parroquial, que atende a case un cento de familias. A merenda será ás 19.30 h. no salón parroquial e poderán degustarse empanadas, tortilla, xamón…
A Parroquia tamén recolle alimentos para repartir entre as familias necesitadas. O horario de recollida é de 18h a 20h. os sábados e domingos
Xornada de Formación de Voluntariado de Cáritas
Caritas Diocesana de Lugo organiza unha Xornada de Formación de Voluntariado o 12 de decembro no Hotel Méndez Núñez. O tema é Como Acollemos ás persoas inmigrantes, e participan uns 100 voluntarios. Na xornada intervén o técnico de Cáritas Española Paco Aperador. O programa é o seguinte:
– 10 h Acollida e entrega de material
– 10:20 h Oración
– 10:30 h Presentación da Xornada
– 10:40 h Que pensamos en Cáritas acerca das migracións? por Paco Aperador. Técnico de Cáritas Española.
– 12:05 h Como abordamos os prexuízos e estereotipos cara ás persoas migrantes? por Paco Aperador.
– 16 h Como podemos mellorar a nosa atención e acollida? por Paco Aperador.
– 18 h Clausura da Xornada, pola Secretaria Xeral de Cáritas Lugo, Mónica Yáñez Devesa.
Xornada das persoas sen fogar
O 27 de outubro é a Xornada das persoas sen fogar problema que se agravou nos últimos anos e que ten as súas raíces nun modelo socioeconómico xerador de descarte e expulsións, e que ten o seu maior impacto nas persoas sen fogar.
Son máis de 40.000 persoas as que seguen estando en situación de sen fogar en todo o territorio español. A estas engádense os miles de familias afectadas por algún dos 59.671 desafiuzamentos que se realizaron en 2018 en toda España, un 62,5% deles tiñan unha vivenda en aluguer e outro 31,7% dos casos derivan de execucións hipotecarias.
Cáritas propón liberarse de prexuízos e medos, e aproximarse á realidade do sinhogarismo, sobre todo ás persoas que o sofren, entendendo a súa situación como unha vulneración de dereitos humanos e de dignidade que ten solución.
Na campaña deste ano destaca o rostro dunha muller, dado que sofren maior invisibilidade e vulnerabilidade nas situacións de sen fogar.
Entrega de certificación de calidade a Cáritas Lugo
O xoves 24 de outubro, a responsable de Apluss Ana San Román entregou a Certificación de Calidade ISO 9001 ao Director de Cáritas Diocesana de Lugo Ginés F. Plaza Fernández.
No acto interviu o Bispo de Lugo Mons. D. Alfonso Carrasco Rouco, e sinalou que “son numerosas as Cáritas diocesanas que teñen certificados de calidade, certificándose total ou parcialmente a súa acción. Pero o que fai distinta a Cáritas Diocesana de Lugo é que ademais de ter certificados os seus centros e programas, tamén ten certificadas as súas Cáritas parroquiais e interparroquiais, e nisto é a primeira Cáritas diocesana en España que ten este tipo de certificación”.