Os sete colexios relixiosos da cidade de Lugo organizan varios actos no Día Escolar pola paz. Ademais dos que individualmente se preparan en cada centro, hai unha programación conxunta. No momento da oración ao inicio da xornada, hai o visionado dun vídeo, elaborado polo colexio correspondente, dunha canción que trata o tema da paz, como desmostración de que é unha cuestión que interesa a todos.
E ás 12 h. do día 30 nos sete colexios proxéctase un vídeo confeccionado con fragmentos dos vídeos de cada centro.