Entre o venres 14 e o domingo 16, o Grupo de Maiores da parroquia de Santiago A Nova, organiza a Campaña “Doce Nadal” de repostaría caseira e produtos ecolóxicos (mel, licores, marmelo, noces, pan de Ousá, etc). Trátase facer que os irmáns máis necesitados poidan compartir a súa mesa chea do amor solidario dos seus veciños e irmáns.
A recadación irá integramente para Caritas. A nosa parroquia está chea de almas caritativas, ás que lles enviamos a nosa gratitude e felicitacións do Nadal.
Local: Sancristía da Parroquia de Santiago (A Nova). Entrada pola porta que dá á rúa de San Pedro. Aberto todo o día, excepto de 14 a 16 h.