O domingo 14 de febreiro é a Xornada Nacional de Mans Unidas, organización que no ano 2019 levou a cabo 540 proxectos en 57 países, resultando apoiadas 1.556.957 persoas. Algo máis de 43 millóns de euros foi o recadado (a maior parte do sector privado). Co 83,9 % dos ingresos financiáronse os proxectos de desenvolvemento (educación, saúde, saneamento, medios de vida, dereitos humanos…) e co 5,3 % fíxose a sensibilización.
Mons. Alfonso Carrasco Rouco adica unha carta pastoral á Campaña e nela afirma que debemos facer “un exercicio de responsabilidade fraterna, de preocupación polo ben común, no horizonte grande do noso mundo”. [Carta pastoral en español] [Carta pastoral en galego]
O venres 12 de febreiro ás 20:30h. hai un encontro de oración en liña que dirixirá o consiliario de Mans Unidas Lugo Miguel Ángel Álvarez. O enlace para a reunión: https://meet.google.com/egk-tgpa-ofy
Trece TV adicou un programa especial á Campaña.
As persoas que queiran facer donativos poden facelo directamente na conta bancaria de Mans Unidas Lugo, indicando no concepto o nome, apelidos e DNI, se desexa que lle desgrave na declaración da renda.
ES74 2080 0152 6230 4000 7386 ES86 0049 0091 0724 1533 1088 Bizum 02130