O Campamento Urbano XXIII, que organiza o Servizo de Infancia de Cáritas este ano é do 17 ao 28 de xullo, en colaboración co Colexio María Auxiliadora de Lugo. Nesta ocasión céntrase na música e participan 77 nenos e 24 monitores. Entre as actividades que se levan a cabo inclúense dous días de piscina, tres días de acampada e unha gran festa o último día, o 28 de xullo.
Destacar desta actividade o seu carácter innovador, educativo e de relación estreita coas familias.
O equipo do Servizo de Atención á Infancia e Xuventude é un grupo consolidado, multidisciplinar, con vocación educativa e de servizo comunitario que ten como prioridades a atención persoalizada de cada neno e de apoio á conciliación familiar.