Campamento de Voluntariado para a Sustentabilidade organizado por Mans Unidas

Mans Unidas convida a participar dunha experiencia onde debater sobre os principais retos sociais e ambientais aos que se enfronta o planeta. Trátase dun espazo onde formarse sobre as novas necesidades do voluntariado e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

A escola de voluntariado desenvolverase como un campamento de voluntariado para a sostenibilidade, nas instalacións da Asociación Raiña Paraiso en Vilasantar (A Coruña) durante os días 21 ao 24 de xullo. Está destinado a mozos entre 16 e 25 anos. Coa contribución da Fundación KR, no marco da iniciativa CIDSE “Change for the Planet – Care for People”.

O campamento ten un prezo de 40 euros, que inclúe pensión completa, seguro e a posibilidade de transporte desde Santiago de Compostela a Vilasantar, para aqueles que o necesiten. Os participantes levarán unha saba baixeira, funda de almofada, saco de durmir, roupa e calzado cómodo e axeitado para actividades de tempo libre.

O prazo de inscrición finaliza o 15 de xullo. As prazas confirmaranse a través do enderezo electrónico, previo pago por transferencia bancaria da inscrición, e incluirase como concepto: Campamento e nome completo do que se inscribe, na conta bancaria: ABANCA ES76 2080 0300 8930 4004 4605 Titular: Mans Unidas

Para máis información, escribir un correo a: educación.galicia@manosunidas.org

PROGRAMA

Xoves 21 de xullo

10:45 Recepción das persoas participantes.

11:00 Presentación do programa e introdución

16:00 Introdución ao voluntariado

18:00 A participación social, clave para a consecución da axenda 2030

20:00 A Axenda 2030 e os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS)

22:30 Obradoiro sobre o ODS 1. Loita contra a pobreza

Venres 22 de xullo

10:00 Obradoiro de agroecoloxía.

16:00 ODS 2. Fame Cero: Desmontando os mitos da fame I

20:00 Obradoiro: Que podemos facer para acabar coa fame?

22:30 Videoforum

Sábado 23 de xullo

10:00 Ruta de sendeirismo

16:00 ODS 13 Acción polo Clima

18:00 ODS 12 Produción e Consumo responsable

20:00 Obradoiro

22:30 Festa de conclusión.

Domingo 24 de xullo

10:00 Obradoiro de agroecoloxía

12:00 O papel da sociedade civil nas Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. Videoconferencia co Responsable de CIDSE (Rede europea de ONGD’s)

16:00 Avaliación e despedida.

[Formulario de inscrición]

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: